Inspeccións técnicas completas:

Servizos integrais de inspección técnica de edificacións

Imagen de edificaciones para la cabecera de la pagina de servicios
Servicios de inspección técnica en edificacións

Os nosos servicios principais inclúen:

01

Documentación e xestión

O servizo de Documentación e Xestión abrangue a análise e estudos de viabilidade de proxectos urbanísticos, levantamentos topográficos, parcelacións e deslindamentos para definir e marcar límites de propiedades, e asesoría inmobiliaria para a compra, venda e aluguer de propiedades, así como valoracións e taxacións. Ademais, xestiona a planificación e desenvolvemento do solo, a transmisión de propiedades e a tramitación de herdanzas, asegurando a distribución conforme a normativa. Tamén ofrece mediación e asistencia legal para a resolución de conflitos entre propiedades, garantindo unha xestión integral e eficiente de tódolos aspectos documentais, legais e técnicos do desenvolvemento urbanístico.

Servicio Documentación y gestion 600x400
Servicio Estudio Tecnico
02

Estudio técnico

O servizo de estudos técnicos abrangue a execución de proxectos de obra nova, reformas, locais e industrias, garantindo o cumprimento da normativa e normas de calidade. Inclúe a elaboración de estudos de seguridade e saúde para identificar e mitigar os riscos, a dirección da obra para supervisar e garantir a correcta execución dos proxectos, e a coordinación de seguridade e saúde para garantir un ambiente de traballo seguro durante todo o proceso.

03

Servizos á construcción

Obtención das licenzas e subvencións necesarias para proxectos, realización de medicións e certificacións para garantir o cumprimento das normas e elaboración de orzamentos e comparacións de custos para unha planificación financeira eficaz. Ademais, ocupámonos da contratación de provedores e man de obra, e ofrecemos unha detallada organización, programación e control do traballo para garantir a eficiencia e a calidade na execución dos proxectos.

Servicio Construcción
Servicio Edificaciones
04

Servizos de edificación

Elaboramos Informes de Avaliación de Edificios (I.E.E.) e realizamos recoñecementos, informes, ditames e certificados para garantir o cumprimento e seguridade dos edificios. Ofrecemos soporte técnico a comunidades e administradores, planificamos e controlamos o mantemento dos edificios e xestionamos reclamacións de danos en garantía. Ademais, ocupámonos da programación, control e certificación das reparacións para garantir a súa correcta execución e calidade.

Descubre Máis

Póñase en contacto connosco agora para obter máis información sobre os nosos servizos de inspección técnica.

ou chámanos ó:

986246573

Scroll ao inicio